• image01

    Compromiso

  • image04

    Galiciapor riba de todo

  • image04

    Esforzo

  • image04

    Galiciapor riba de todo

  • image04

    Compromiso

  • image01

    Esforzo

  • image02

    Compromiso

  • image03

    Galiciapor riba de todo

Quen é quen

Alberto Núñez Feijóo

Alberto Núñez Feijóo

Presidente da Xunta de Galicia

Deputado por Pontevedra

Benvidos á web do Partido Popular de Galicia.

Renovada, accesible e aberta coma este partido que, por todas as vías, está á túa disposición.

Órganos de representación

Parlamento de Galicia Santiago de Compostela

O Parlamento de Galicia é a institución onde reside o poder lexislativo da comunidade autónoma de Galicia.

Máis información aquí: www.parlamentodegalicia.es

Congreso Madrid

O Congreso dos Deputados é a Cámara Baixa das Cortes Xerais, o órgano constitucional que representa ao pobo español. Reúnense para sesións no Palacio das Cortes, situado na praza das Cortes de Madrid.

Máis información aquí: www.congreso.es

Senado Madrid

O Senado é a Cámara Alta das Cortes Xerais e un órgano constitucional que representa ao pobo español.

Máis información aquí: www.senado.es

Parlamento Europeo Estrasburgo

É a institución constitucional que na Unión Europea representa directamente aos cidadáns da Unión. É o maior parlamento democrático do mundo e, na Unión Europea, o único organismo de natureza supranacional que é directamente elixido.

Máis información aquí: www.europarl.europa.eu

Organigrama

Partido Popular de Galicia

Alberto Núñez Feijóo Presidente
Manuel Fraga Iribarne Presidente fundador
Xerardo Fernández Albor Mariano Rajoy Brey Presidente de honra
José Manuel Barreiro Fernández Vicepresidente
Alfonso Rueda Valenzuela Secretario Xeral
Agustín Hernández Fernández de Rojas Vicesecretario Xeral
Paula Prado del Río Voceira
Fernando Carlos Rodríguez Presidente Comité Electoral
Celso Delgado Arce Presidente Comité Dereitos e Garantías
Alejandro Gómez Alonso Coordinador de Organización
Mar Sánchez Sierra Coordinadora de Comunicación
Ovidio Rodeiro Tato Coordinador de Novas Tecnoloxías
Marta Rodríguez Arias Coordinadora de Políticas Sociaies
José Crespo Iglesias Coordinador de Medio Rural
Miguel Lorenzo Torres Coordinador de Cultura
Susana López Abella Coordinadora de Igualdade
Ignacio López-Chavez Castro Coordinador de Finanzas
Carmen Pardo López Coordinadora de Turismo e Comercio
Miguel Tellado Filguiera Coordinador de Emprego
Irene Garrido Valenzuela Coordinadora de Economía
Martín Fernández Prado Coordinador de Territorio e Infraestructuras
Antonio Rogríguez Miranda Coordinador de Acción Exterior
María Bastida Domínguez Coordinadora de Estudos e Formación
Juan Francisco López Prieto Coordinador de Xuventude
Vogais Natos
1. Carlos Negreira Souto
2. Rafael Louzán Abal
3. José Manuel Baltar Blanco
4. Pilar Rojo Noguera
5. Pedro Puy Fraga
6. Javier Dorado Soto
7. Diego Calvo Pouso
8. Elena Candia López
9. Julio Flores Pérez
10. José Manuel Rey Varela
11. Angel Currás Fernández
12. Jaime Castiñeira Broz
13. Rosendo Fernández Fernández
14. Jacobo Moreira Ferro
15. José Manuel Figueroa Vila
16. Ana Pastor Julián
17. Francisco Millán Mon
Vogais Designación Presidente
1. Javier Guerra Fernández
2. Teresa Egerique Mosquera
3. José Pablo González Cacheiro (Oza)
4. Susana Vázquez Dorado
5. Álvaro Pérez López
Vogais Electivos
1. Pilar Farjas Abadía
2. Juan Manuel Juncal Rodríguez
3. Zaira Rodríguez Pérez (Cee)
4. Manuel Santos Ruiz Rivas (Ribeira)
5. Manuel Rivas Caridad (Cambre)
6. Manuel Silva Constenla
7. Raquel Arias Rodríguez
8. Alfonso Villares Bermúdez (Cervo)
9. José Manuel Balseiro Orol
10. Julio Álvarez Núñez (Quiroga)
11. Julia Rodríguez Barreira (Monforte)
12. Jesús Vázquez Abad
13. María del Carmen Yañez Salgado (Lobios)
14. Juan Jiménez Morán (Verín)
15. Eloina Núñez Masid
16. Argimiro Marnotes Fernázdez (Carballiño)
17. María Ramallo Vázquez (Marín)
18. Tomás Fole Díaz (Vilagarcía)
19. Nidia Arevalo Gómez (Mos)
20. José Fervenza Costas (Moaña)
21. Jesús Vázquez Almuiña (Baiona)
22. Moisés Rodríguez Pérez (Tui)
Vogais Residentes Ausentes
1. José Gil Doval (Suiza)
2. Luis Piñeiro Gil (México)
3. O que sexa elexido Presidente do Partido en Arxentina

Parlamento de Galicia

Parlamento de Galicia (Santiago de Compostela)

O Parlamento de Galicia é a institución onde reside o poder lexislativo da comunidade autónoma de Galicia.

Grupo Parlamentario Popular

Parlamento Europeo

Parlamento Europeo, Estrasburgo (Bruselas)

É a institución constitucional que na Unión Europea representa directamente aos cidadáns da Unión. É o maior parlamento democrático do mundo e, na Unión Europea, o único organismo de natureza supranacional que é directamente elixido.

Grupo Parlamentario Popular

Carmen Fraga EstévezEurodiputada
Francisco Millán MonEurodiputado
  • Historia

    Partido Popular de Galicia

    A idea que máis tarde daría lugar ao Partido Popular xerouse a comezos dos anos setenta por iniciativa dun grupo de persoas liderado por Manuel Fraga Iribarne. O obxectivo que perseguían era o de crear e artellar unha organización de carácter reformista e con ideoloxía de centro, que constituíse unha nova alternativa política para a sociedade española.

    Con esta teima, o 9 de outubro de 1976, inscríbese no Rexistro de Asociacións Políticas do Ministerio da Gobernación a Asociación Política Reforma Democrática, que formaría parte da federación de asociacións políticas Alianza Popular, tamén fundada en setembro dese mesmo ano por Manuel Fraga e que integraba así un total de sete formacións ás que se lle irían engadindo outros partidos.

    No Congreso Nacional constituínte de Alianza Popular como federación de partidos, celebrado en marzo de 1977, noméase a Manuel Fraga como Secretario Xeral da institución.

    Dous anos máis tarde, en xaneiro de 1979, presentaría un primeiro texto estatutario para Galicia, que celebraría un Referendo do Estatuto de Autonomía o 20 de decembro de 1980.

    O ano seguinte, concretamente un 20 de outubro de 1981, teñen lugar as primeiras eleccións autonómicas nas que Xerardo Fernández Albor, que encabezaba a lista de Alianza Popular, sae elixido presidente electo de Galicia. Sen embargo, unha moción de censura presentada polos socialistas faille abandonar a Presidencia o 27 de setembro de 1987.

    En maio de 1988, celébrase un Congreso Extraordinario de Alianza Popular no que se proclama como candidato á Presidencia da Xunta de Galicia a Manuel Fraga, que sería reelixido no IX Congreso Nacional de 1989. Neste acto, denominado da Refundación, nace o Partido Popular como o coñecemos hoxe.

    No ano 1989, un 17 de decembro, celébranse as terceiras eleccións autonómicas nas que o Partido Popular obtén unha maioría absoluta e, polo tanto, Manuel Fraga pasa a ser o Presidente da Xunta de Galicia.

    A partir dese momento e durante os seguintes 16 anos, o Partido Popular, con Manuel Fraga á cabeza, non abandonaría a Presidencia da Xunta de Galicia. A maioría absoluta do partido revalidouse, polo tanto, nas eleccións do 17 de outubro de 1993, nas do 19 de outubro de 1997, e nas do 1 de outubro do 2001, gobernando así en catro lexislaturas consecutivas.

    Durante as tres primeiras lexislaturas, algúns dos feitos máis destacados do Partido Popular serían a elección de Cuíña Crespo como Secretario Xeral o 6 de xullo de 1990, a celebración en decembro de 1991, do Congreso Extraordinario da integración de Centristas de Galicia ou a elección de Xesús Palmou como Secretario Xeral no X Congreso celebrado en outubro de 1999.

    Na cuarta lexislatura, concretamente o 10 de setembro do 2004, Manuel Fraga nomea como vicepresidentes da Xunta de Galicia a Xosé Manuel Barreiro, Conselleiro de Medio Ambiente, que sería o Vicepresidente segundo, e a Alberto Núñez Feijóo, Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, que sería o Vicepresidente Primeiro.

    No XII Congreso do PPdeG, celebrado o 23 de outubro do 2004, Manuel Fraga é elixido novamente Presidente e Xesús Palmou, Secretario Xeral.

    Trala derrota electoral, o 4 de novembro do 2005, Alberto Núñez Feijóo, portavoz adxunto do Grupo Parlamentario Popular, anuncia a súa precandidatura ao Congreso para a sucesión de Manuel Fraga, que se celebraría en xaneiro do 2006.

    No XIII Congreso do PPdeG, Núññez Feijóo é elixido Presidente cun 96% de apoios no congreso dun partido político con maior participación da historia de Galicia. Alfonso Rueda ocuparía a Secretaría Xeral, Xosé Manuel Barreiro a Vicepresidencia e Manuel Fraga sería proclamado Presidente de Honra Vitalicio.

    O 23 de novembro de 2008, o Partido Popular de Galicia celebra o acto de proclamación do presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo, como candidato á presidencia da Xunta de Galicia, coa participación de máis de 5.000 afiliados.

    A recompensa ao esforzo do PPdeG e ao seu eficaz programa electoral viría o 1 de marzo de 2009 coas eleccións autonómicas, cando despois de catro anos na oposición, os populares gañan as eleccións e retoman as rendas da Xunta de Galicia con maioría absoluta.

    O 20 de abril dese mesmo ano, o PPdeG toma posesión do Goberno e comeza a poñer en marcha as actuacións que recolle o seu programa electoral.

    Posteriormente, en maio dese mesmo ano, o PPdeG celebra o seu XIV Congreso, onde Alberto Núñez Feijóo volve saír reelixido presidente do partido, con Alfonso Rueda novamente á fronte da Secretaría Xeral e Antonio Rodríguez Miranda estréandose como voceiro.

    O PPdeG, recén renovado, volvía conseguir outra gran vitoria nas eleccións europeas de xuño, subindo un 2,29% os apoios con respecto ás autonómicas.

    Dous anos despois, nas eleccións municipais do 22 de maio de 2011, o PPdeG acadou outra vitoria incontestable logrando 46 alcaldías máis da que tiña ata o momento, de xeito que 216 de 315 concellos contan hoxe cun alcalde do PP.

    Así mesmo, se despois do 2007 os populares non contaban con ningunha alcaldía en ningún gran núcleo urbano en Galicia, en 2011 remataron coa hexemonía do PSOE nas cidades da Coruña e Santiago; lograron a primeira maioría absoluta da historia en Ferrol, e Vilagarcía conta, por fin, cun alcalde popular.

    As eleccións xerais do 20 de novembro dese mesmo ano volveron revalidar a confianza dos galegos nos populares, de xeito que, en Galicia, o PPdeG subiu un deputado por provincia, logrando ata 15 escanos.

    Nas eleccións autonómicas do 21 de outubro de 2012, Galicia volveu expresarse con contudencia nas urnas outorgándolle novamente aos populares galegos a tarefa de seguir levando o timón da Xunta, de forman que o PPdeG non só mantivo os seus escanos senón que conseguiu tres máis, contando hoxe en día con 41 deputados na Cámara galega.

    En xaneiro de 2013 ten lugar o XV Congreso autonómico do partido no que Alberto Núñez Feijóo volve revalidarse como presidente do PPdeG e volve depositar a súa confianza en Alfonso Rueda como secretario xeral do partido. Así mesmo, reduce a unha as Vicesecretarías da formación e entrégalla a Agustín Hernández, ao tempo que deposita en Paula Prado a responsabilidade da Portavocía.

Contacto

Sede PP de Galicia

Avd. Fernando Casas Novoa Edificio CNL Bloque 2 Baixo, 15707

Santiago de Compostela

Formulario de contacto

Nome*
Cidade*
Email*
Confirme email*
Mensaxe*

Algo ha ocurrido

Este es un mensanje de informació

Ups, Ha ocurrido un error

Su solicitud no se ha enviado

Cuidado

Este es un mensanje de advertencia

Enhorabuena

Su solicitud se envió correctamente